18 septiembre 2013

AS REDUNDANCIAS


http://www.youtube.com/watch?v=ghnByR9QWvY 
A lavandeira da noite: Noa e máis Carlos Núñez


AS REDUNDANCIAS


A redundancia é a repetición da mesma información nun texto.


Cando supoñen un aporte expresivo ou intensificador, ´vino cos meus propios ollos´, `subir para arriba´, chámanse PLEONASMOS e considéranse aceptabeis.


Deben evitarse, con todo, as redundancias, cando son simples recheos ou clixés, tales como:

* accidente fortuito.   Só si é un suceso fortuito, ao chou, pode falarse de accidente, si  non é   fottuito  trataríase dun atentado ou dun acto premeditado.
* actualmente en vigor.    En vigor quere dicir que é válido no momento de que se    trata.
* autopsia dun cadáver.    A autopsia só pode realizarse a un cadáver.
* á mesma vez.    É redundante, basta con dicir á vez.
* antecedentes previos.    O antecedente dun feito é aquilo que ocorreu con anterioridade.
* beber líquidos.    Beber significa inxerir un líquido, polo que debe especificarse cal.
* caer eliminado.     Nos deportes, caer utilízase como derrota e é redundante cando a derrota supón a eliminación.
* cita previa.    Pedir cita xa implica acordala previamente.
* colofón final.    Colofón significa o remate final dun proceso.
* completamente, absolutamente, totalmente.     É redundante combinalos con adjetivos que xa significan a totalidade, como ateigado, abarrotado, repleto, colapsado, de balde,gratis, innecesario,
* crespón negro.     Un crespón é unha ` tira ou lazo de tea negra´.
* coñecer por primeira vez.     Coñecer é acceder a un coñecemento que non se tiña anteriormente.
* de antemán, con antelación, por adiantado.    Son redundantes con palabras nas que está a idea de anterioridade, como :(pre) prever previsión, predecir, avisar, reservar
*de novo, novamente, outra vez.    Son reiterativas con palabras que denotan repetición: (re) repetir, reiniciar, reaparecer.
* deambular sen rumbo.     Deambular indica andar sen dirección determinada, sen rumbo.
* divisas estranxeiras.    Divísas son as moedas estranxeiras.
* dobrar a morto as campás.    Dobrar significa ` tocar a morto´.
* idade longeva.    Longevo significa `moi ancián ou de longa idade´.
* erario público.    Erario é `tesouro público´.
* erro involuntario.    Si non é involuntario, non é erro.
* especial  fincapé.    Fincapé conleva a idea de insistencia en algo que se afirma.
* falso pretexto.    Pretexto ten o significado de `causa simulada´, polo que sempre é falso.
*exultante de alegría, de gozo, de satisfacción.    Exultante é `que mostra  gran alegría ou   satisfacción´.
* funcionario público.    Un funcionario é un empregado público.
* feito real, feito práctico.    Un feito é unha ´acción ou obra´, real por si mesma.
* fillo primoxénito.    Primoxénito significa fillo nado en primeiro lugar.
* oco baleiro.    Oco significa `espazo baleiro no interior de algo´.
*
idiosincrasia propia, particular.    A idiosincrasia constitúena os `trazos, carácter, etc distintivos e propios dun individuo ou dunha colectividade´.
* insistir repetidamente, reiteradamente, de novo, unha vez máis.    Insistir é `instar reiteradamente, repetir´.
* quilos de peso.    De peso é unha redundancia detrás de unidades desa magnitude.
* macedonia de froitas.    Macedonia significa ´ensalada de froitas´.
* nexo de unión.    Un nexo é un nó, un lazo, unha unión, un elo.
*obxectar en contra.    Obxectar xa é poñerse en contra de algo.
* opinión persoal.    Unha opinión é sempre persoal.
*parte integrante.    Unha parte é unha ´porción dun todo´.
*perruca postiza.    As perrucas son sempre obxectos postizos.
* persoas humanas.    É una redundancia, salvo se humana se empregar como comprensiva.
* protagonista principal, protagonista directo.    O protagonista sempre é o personaxe  principal.
*puño pechado.    Puño xa é a `man pechada´.
* rodeado por todas partes.    Rodear é `cercar algo colléndoo no medio´.
* tarifa de prezos.    Tarifa é `táboa de prezos´.
* testemuña presencial.    Unha testemuña é unha persoa que presencia.
* túnel subterráneo   Túnel é unha ´via subterránea aberta artificialmente´.
* utopía inalcanzable.    Unha utopía é un plan irrealizable no momento da súa formulación.

No hay comentarios: